Saltar ao contido

Vigo aposta por solucións de última xeración para a eliminación de verdello en zonas sombrías

 

  • O Concello de Vigo, a través de FCC, emprega deshidratadoras con vapor a alta presión, principalmente en escaleiras e rampas, para evitar que se resulten esvaradías
  • Trátase dunha alternativa ao uso de produtos químicos que resulta inocua na súa a aplicación a poucos centímetros da zona a limpar

Debido ao elevado volume de precipitacións dos últimos meses e á constante humidade do ambiente, comezan a proliferar en zonas sombrías da cidade, principalmente escaleiras e ramplas, episodios de verdello. Para abordar esta situación e evitar esvaradías, o Concello de Vigo e FCC, empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade, apostan por solucións sostibles e de última xeración, empregando deshidratadoras con vapor a alta presión.

Cunha aplicación desde unha altura de 10 centímetros, a auga quente, próxima aos 120°C, provoca un choque térmico e consegue debilitar e eliminar o verdello presente na vía pública.

Trátase dunha solución para zonas de difícil eliminación cos medios tradicionais, coa que se evita o uso de produtos químicos, e que resulta inocua na súa a aplicación a poucos centímetros da zona a limpar.