· O dispositivo especial de limpeza contou con 15 vehículos, entre tractores,
baldeadoras e camións, e un total de 32 operarios
Con motivo da celebración de San Xoán do pasado venres, o Concello de Vigo e FCC puxeron en marcha un dispositivo especial de limpeza para recuperar o estado dos areais vigueses tras as tradicionais fogueiras.
Grazas a este dispositivo de limpeza retiráronse das praias da cidade máis de 2 toneladas de lixo, que foron descargadas na ecoplanta de Guixar para a súa reciclaxe.
O dispositivo de limpeza, integrado por 15 vehículos -entre tractores, baldeadoras e camións- e un total de 32 operarios repartidos en 3 brigadas, limparon o lixo das praias en cuestión de horas para retornar os areais vigueses ao seu aspecto habitual.