- Estará presente en 12 puntos da cidade entre o 19 e o 27 de xuño en horario de mañá e tarde
O pasado mes de marzo, o Concello de Vigo e FCC comezaron a instalación dun total de 100 contedores destinados á fracción orgánica, con apertura a través da tarxeta PassVigo, que dan servizo a preto de 30.000 cidadáns.
Para dar maior visibilidade aos novos colectores e informar sobre o seu correcto uso -restos de alimentos como froitas, verduras, carne ou peixe cociñados ou cascas de ovo, así como tapóns de cortiza, panos de mesa de papel, infusións ou pequenos restos vexetais- habilitarase un posto de información itinerante que estará presente, en horario de mañá e tarde, en 12 puntos da cidade entre o 19 e o 27 de xuño.
A través deste posto de información, os cidadáns poderán coñecer de primeira man a importancia do seu xesto para dar unha segunda oportunidade a estes residuos e integralos nunha nova economía circular. Ademais, ofrecerase información sobre o funcionamento dos contedores co sistema de apertura coa tarxeta PassVigo que, gracias á tecnoloxía contactless, permite, entre outros, unha apertura máis sinxela e garante o seu correcto uso, destinado só a residuos orgánicos.
Horarios e localización do posto de información
Luns 19 de xuño
- De 10:30 a 13:30 horas en Rúa das Teixugueiras (preto do nº 13)
- De 16:00 a 19:00 horas en Avenida de Castelao-Os Volcáns (preto do nº 74)
Martes 20 xuño
- De 10:30 a 13:30 horas en Rúa Luis Seoane-Mercado das Travesas
- De 16:00 a 19:00 horas en Avenida de Castelao-Praza de América (preto do nº 2)
Mércores 21 xuño
- De 10:30 a 13:30 horas en Rúa Nigrán-Parque da Bouza (preto do nº 9)
- De 16:00 a 19:00 horas en Rúa Baiona (Coia)-Parque de Luiz (entorno rotonda)
Xoves 22 xuño
- De 10:30 a 13:30 horas en Avenida Florida con Martín Echegaray (preto do nº 121 da Florida)
- De 16:00 a 19:00 horas en Rúa Fotógrafo Xaime Pacheco-Praza da Miñoca (cruce con Fotógrafo Ángel Llanos)
Luns 26 xuño
- De 10:30 a 13:30 horas en Avenida Florida-Parque da Bouza (explanada fronte ao edificio Padre Seixas)
- De 16:00 a 19:00 horas en Balaídos (preto de Manuel de Castro nº 23)
Martes 27 xuño
- De 10:30 a 13:30 horas en Avenida Alcalde Portanet (cruce con Avenida de Castrelos)
- De 16:00 a 19:00 horas en Avenida de Castrelos (preto do nº 34)