O Concello de Vigo e FCC apostan por seguir modernizando a flota de vehículos de limpeza da cidade coa incorporación de novas unidades ao longo do mes de setembro.
Co obxectivo de seguir facendo de Vigo unha das cidades máis limpas de España, engadiranse ao servizo tres novos vehículos, propulsados por gas natural comprimido, e equipados cun equipo hidrolimpador de alta presión que veñen a substituír a outros tres vehículos de gasolina.
Ademais, aumentase a dotación do equipamento dos servizos operativos municipais cunha decapadora de alta presión e auga quente (marca CMAR), pensada para zonas peonís. Provista dun sistema de reaspiración que permite absorber a auga e todas as manchas decapadas con alta presión e auga quente, ofrece resultados ecolóxicos -permitindo un aforro de auga- e económicos, grazas ao baixo consumo de fueloil.
As novas incorporacións complétanse cun recolector compactador de carga lateral dereita, propulsado por GNC e de 19 m3 de capacidade, que substituirá a outro vehículo de similares características, pero propulsado por gasóleo.