Saltar ao contido

O Concello de Vigo e FCC fomentan o tratamento domiciliario de bioresiduos entre a cidadanía

  • Chamando ao teléfono 900 859 660 pódese solicitar caldeiros individuais para os residuos orgánicos e a información necesaria para crear abonos naturais

 

Máis da metade dos residuos que diariamente se producen nos fogares, son restos de comidas, mondas de froitas, cascas de ovos…etc. Conscientes das posibilidades que ofrecen estes restos como abono orgánico, O Concello de Vigo e FCC, inician unha campaña co obxectivo de fomentar o tratamento domiciliario de bioresiduos.

Deste xeito, poñen a disposición da cidadanía novos caldeiros individuais para os residuos orgánicos, que se poden colocar nas vivendas unifamiliares que dispoñan da horta ou xardín, xunto co o asesoramento técnico necesario.

Para tal fin, O Concello de Vigo e FCC habilitaron o teléfono 900 859 660 no que se pode solicitar tanto o caldeiro como o asesoramento para crear abonos naturais que os cidadáns poden destinar aos seus frutais, plantas ou horta.

Para o correcto emprego dos caldeiros, é importante que os restos sexan materia orgánica ben separada, é dicir, que non leven nin plásticos, nin papeis pintados, nin pilas eléctricas, nin outras substancias que puideren contaminar o fertilizante a producir.

Entre os elementos que se poden aproveitar, destacan restos de comida, pousos do café, excrementos de animais (galiñas, coellos), restos de podas de árbores e arbustos (mellor triturados), flores, herba e restos de plantas, follas, restos de horta ou froita, algas, pelo (non tinxido), cinza de madeiras naturais, cunchas (mellor trituradas) ou restos de varrer.

 

O tratamento doméstico de residuos orgánicos é un proceso natural que, condicionado e axudado polas persoas, permite descompoñer os restos de materia orgánica, e convertelos nun fertilizante estable de calidade.

Vigo, a cidade máis limpa
Uso de Cookies

Este sitio utiliza Cookies para ofrecerlle ao usuario a mellor experiencia e uso posible. A información de Cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións tales coma recoñecelo cando regrese ao sitio Web e axudar ao noso equipo  a comprender que seccións do sitio Web resúltanlle máis interesantes e útilies.

Pode axustar a configuracion de Cookies navegando polas pestanas da esquerda.