- Trátase dunha mostra de 7 vehículos – dos 29 previstos neste servizo- entre os que se atopan baldeadoras, varredoras e hidrolimpadoras.
- A compañía incorporará 65 carriños eléctricos autopropulsados para limpeza viaria.
Co obxectivo de facer da cidade de Vigo unha contorna máis sostible, FCC, empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos e limpeza urbana, e o Concello de Vigo presentaron a súa nova maquinaria eléctrica que incorpora as últimas innovacións nos servizos de limpeza, recollida e contenerización.
En concreto, trátase de 7 vehículos – dos 29 previstos no servizo de limpeza- entre os que se atopan baldeadoras, varredoras e hidrolimpadoras, que ademais de contribuír á redución de emisións de CO2, permiten mitigar a contaminación acústica, grazas aos seus baixos niveis de ruído.
No acto estiveron presentes o Alcalde de Vigo, Abel Caballero; Javier Pardo Espiñeira, concelleiro de Fomento e Servizos e Ernesto Barrio, Delegado da zona Noroeste de FCC Medio Ambiente.
A mostra da nova maquinaria inclúe:
- Unha baldeadora de beirarrúas 100% eléctrica, con capacidade para 500 litros, con bomba de alta presión a través das barras de baldeo, capaz de arrincar os residuos que se atopen adheridos ao pavimento, con gran facilidade.
- Unha baldeadora, con dimensións extremadamente reducidas e compactas ideal para calquera tipo de superficies e contextos urbanos. 100% eléctrica
- Unha varredora cun sistema de pulverización que ofrece un control de po mellorado á vez que reduce o consumo de auga, empregando un 70% menos que outras técnicas tradicionais de control de po. 100% eléctrica.
- Unha furgoneta de inspección 100% eléctrica.
- Dúas varredoras de beirarrúas 100% eléctricas.
- Un novo triciclo eléctrico con hidrolimpiadora con sistema de autopropulsión e marcha atrás e con pistola pulverizadora de auga a presión.
Novos carriños eléctricos autopropulsados
Como novidade, presentáronse os 10 primeiros carriños eléctricos autopropulsados, do total de 65 que se incorporarán proximamente ao servizo de limpeza e que son de dúas tipoloxías. Un tipo para o varrido manual e limpeza viaria e outro adaptado ao baldeo manual.
En ambos casos, son con apoio eléctrico, batería incluída e dispoñen dunha autonomía para unha xornada laboral.
Esta nova maquinaria ven a complementar os seis patinetes triciclos de limpeza presentados no mes de febreiro e xa están despregados por diferentes barrios da cidade.