Residuos orgánicos: contedor marrón
Chegan a Vigo os contedores de tapas marróns. Estes contedores teñen por obxecto o depósito de aqueles restos que se producen na preparación das comidas, crudas ou cociñadas e calquera sobras das mesmas como: cáscaras de ovo, peladuras de patacas e froitas, borras do café, restos de infusións, etc. Tamén admiten tapóns de cortiza ou pequenos restos vexetais. O obxectivo é dar unha segunda vida a ese tipo de residuos, obtendo un abono natural de calidade que se poida utilizar tanto para a agricultura como para a xardinería.
Para poder abrilo hai que empregar a Tarxeta PassVigo.
É moi importante que os restos se depositen sen ningún tipo de envase, en bolsas compostables (que son biodegradables pero ademáis serven para facer compost).
O obxectivo é transformar os restos orgánicos en compost.
+ Información: WEB CONCELLO DE VIGO.
Ubicación das accións
TAMÉN TEMOS UNHA SOLUCIÓN PARA AS VIVENDAS AILLADA
Si tes unha vivenda con horta e queres converter a túa materia orgánica en abono, solicita aquí gratis o teu CONTEDOR INDIVIDUAL